16.5.12

A evolución e o cambio, da orixe ao destino

CRISE, RECORTES, REFORMA LABORAL, DESPIDOS, PRECARIEDADE, ABUSOS DE PODER, LÍMITES Á LIBERDADE DE EXPRESIÓN, TRABAS A ENSINO E SANIDADE UNIVERSAIS, POBREZA DISPARADA... Parece que afogamos nun océano de oscuridade, depresión e negativismo, sen poder nadar nin facer nada para evitar o noso fin. Pero hai quen nos propón que entreguemos brazos e pernas a cambio da nosa vida. Non entendo... teño que correr, todo o que poida, por evitar o perigo, e pídenme que entregue brazos e pernas para non morrer... Por máis voltas que lle dou, non o entendo. Pero segundo as enquisas, cada vez máis cidadáns están a favor de certos recortes, "porque son necesarios". Pero, ¿por que son necesarios? ¿Sono, de certo?

A ver... aclaremos unhas pequenas cuestións antes de nada: Cando tedes unha débeda, ¿que facedes? O que eu penso é que hai que saír, buscar un traballo, pensar, ter algunha idea, algún modo de conseguir cartos para saldar esa conta negativa. Normal, ¿non? Pois non, no século XXI, no que vivimos, xa non. Agora,os que tendes mentalidade Merkozy (Rajoy... :/) seguramente saibades que o mellor é quedar na casa e meterse na cama sen facer nada (se pode ser, sen respirar) ata que a débeda desapareza por arte de maxia... ou rezando, que tamén pode ser.

Esas medidas non nos levan a ningures. Non enxendran riqueza nin esperanza. Isto é un modelo radical que mira polos intereses dunhas poucas elites. Aí temos os indicadores que nos amosan como os ricos son cada vez máis ricos (e os pobres somos cada vez máis pobres). O sistema actual, un neoliberalismo atroz e devora homes, non é máis que o 'negocio' duns poucos, esas elites.

¿E que podemos facer? ¿Acaso podemos facer algo? Porque hai moitos que pensades que todo o que se faga é inútil, que manifestarse pacificamente un, dous ou cen días no ano non sirve de nada. Xa como prólogo, temos que ter claro que quedando nada casa, metidos na cama, a poder ser sen respirar... unhas liñas máis arriba xa vimos o que pasaba e a quen lle gustaba iso. A única verdade en todo este asunto é que nas nosas mans está cambialo, xa que vivimos nunha democracia -coas súas virtudes e defectos, oportunidades e limitacións-. Temos que empregala no noso favor. Os políticos han de aprender que, lonxe de contar votantes para os seus plans, os votantes teñen que contar, tal e como dixo Federico Mayor Zaragoza (¿quen é este home?) nunha canle de televisión, hai uns días.

Se fora tan fácil, ¿por que non o facemos XA? É lóxico que algún impedimento ten que haber, porque de non ser así, xa nos teriamos liberado hai tempo. Hai moitos factores que poden influir, como a ignorancia, a falta de información... pero estou dacordo co humanista José Luis Sampedro (e este, ¿quen ven sendo?) en que o maior inimigo á nosa liberdade é o MEDO.

E non é a primeira vez que ocorre... ¡Que va! De feito é unha constante na Historia. A última máis notoria seguramente sexa o ascenso de Adolf Hitler ao poder en Alemaña e a instauración do 'Tercer Reich' xermano. Non creo que vos conte ningún segredo descoñecido explicando a maneira na que el utilizou aos xudeus e aos comunistas, demonizándoos, para revivir e consolidar entre o pobo alemán o sentimento de orgullo nacional, ferido dende a anterior guerra mundial, da que saíran vencidos.

Curiosamente, o partido nazi chegou ao poder a través da democracia e co voto favorable dos alemáns. E continuando coas curiosas conincidencias, creo oportuno lembrar que ese cambio se produciu nun contexto económico e social moi semellante ao actual... ¿Sónavos? A Gran Depresión, bancos en quebra, destrucción de postos de traballo... Todo isto contribuiu ao ascenso dos nazis e dos comunistas, eternamente odiados por Hitler, por certo. Crise, eleccións, caída dos partidos tradicionais e subida histórica de radicais, como nazis e comunistas... ¿Non vos lembra... a ALGO (moito máis preto nos tempos e compando postos 'top' na actualidade)?

Agora vivimos unha época moi parecida. O dictador é o mercado, o capital. El é o que di o que hai que facer. E todos actúan fielmente e sen dubidar. Mentes alienadas que camiñan como zombis pola rúa. ¿En serio imos deixan que nos esclavicen? ¿Onde vai a capacidade crítica? ¿Onde foron as ideas? ¿Como foi que chegamos aquí? E se, como moitos din, o capitalismo está agotado, ¿onde nos diriximos agora?

Evidentemente non podo prever o futuro, pero creo que non estamos nun lugar no que debamos permanecer sen condicións... Non sabemos o que pode vir agora, e iso xera inseguridade, e a inseguridade remítenos de novo ao medo que, como xa dixemos, 'atasca' a evolución humana. Pero... ¡oh, sorpresa!, tampouco é a primeira vez que a humanidade vive un cambio de sistema económico e social. Como exemplo, vou recordarvos a fin do feudalismo. A crise dese sistema debeuse á fame e á falta de terras de cultivo. Iso sementa un precedente paralelo co capitalismo de hoxe, que agota os recursos do planeta ata a extenuación. ¿Crise? Iso non debía ser nada comparada coa 'Peste negra', evento que practicamente supuxo a puntilla do sistema feudal medieval.

Así pois, 'os tempos son chegados'. Toca vencer, tan só un pouco, ese medo que non nos deixa actual. A diferencia dos nosos devanceiros, nós aínda temos na nosa man un pouco de poder para actuaar. Non deixemos que nolo quiten todo. :)

Sem comentários: