Caderno persoal dunha cachola que ferve: xornalismo, literatura, política, ciencia...
29.4.13
CRISE
Arrepíanme as cifras diarias da crise. Cifras e cifras, frías como a pedra, pero que agochan realidades que non deberían ser tratadas con esa frialdade. É alucinante ter que ler que o número de persoas sen traballo é de 6.202.700, un 27,16% da poboación activa. É dicir, que un de cada catro persoas, e algún máis, non teñen un traballo co que gañar o pan. Pero iso non é todo, porque, realmente esa cifra sería incluso boa, de ser verdade.
¿Que pasa con todos aqueles que xa non buscan emprego, por levar meses e incluso anos á procura?¿E con aqueles que non están inscritos en ningún servizo nin ningunha estatística? A saber a cantidade de xente que traballa unhas horiñas á semana e xa por eso non consta nesa cifra noxenta...
¿E os emigrantes? Porque os que marchan en silenzo son "un" menos no exército do INEM. Hai pouco lin que 200 españois abandonaban o seu país CADA DÍA! E pouco tempo despois entereime de que eran 70 os galegos que poñían terra de por medio cada xornada. ¿Será que os galegos emigramos moito máis que o resto dos españois?¿Ou simplemente a cifra medrou exponencialmente nuns poucos meses (case á mesma velocidade de vertixe que o paro)?
E subindo na escala de crudeza, ¿que pasa coas oito persoas que se suicidan cada día en España? ¡Oito cada día!
Pero, sede felices.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário