E canto máis me reafirmo nas miñas conviccións, ás que teño que aportar cuantiosos argumentos e ideas de apoio -pra que a casa non caia-, máis "radical" son. "Seica desagrada a miña posición?", "Ho... pois moi agradable non é...", "Comprendo, mais non me movo"... Non é así. Eu créome as miñas visións dende a asepxia. Non o fago por desagradar, nin creo que desagrade realmente. Porque, en que molestaría a normalización da lingua galega en Galiza, poñamos por caso, aos que me ven como "radical", que viven en Españas diversas? En nada porque non o teñen diante. É dicir, para eles o mesmo nin esiste Galiza e o galego, son cousas que non sinten nin sentirán, físicamente falando.
Se botamos man do diccionario da RAE, Real Academia Española -para que se vexa que non boto man de axudas "partidistas"-, podemos ler varias acepcións da verba que nos trae hoxe aquí. Esta é a primeira acepción que aparece na entrada do diccionario.
Imos ver... como podemos tomar isto? Raíz... Se partimos de que as miñas raíces son netamente galegas, que pertenzo á Galiza, obviamente terei que achantar e admitir a miña radicalidade. "Radicalmente son da Galiza", "Radicalmente son da España", "Radicalemente son da miña aldea", "Radicalmente son de terra labrega", "Radicalemente son da Coruña (polo que di o meu DNI...)", etc. etc.
Unha segunda acepción, tamén tirada do diccionario de castelán, amosa a seguinte realidade, idea:
Esta é das difíciles... Fundamental? Home... fundamental son, digo eu, senón mal rollo. Aparte disto son fundamental no senso en que teño as miñas conviccións fundamentadas, e non sobor do ar. E da raíz xa o comentei antes.
Na terceira das acepcións que a Academia Española outorga a esta palabra, atopámonos con isto:
Daquela xa lle imos dando sentidiño ao conto! Home... reformas estremas, pois si. Pero non sei cal é o raseiro de medir. Compárenme con Mariano Rajoy e logo con Arnaldo Otegui... Igual inda teño posibilidades de estar no medio e medio, "como un jueves". Só espero non estorbar moito, porque creo que xa se estorban ben entre eles sen ter que axudalos. O caso é que, ademáis, engade ao significado "especialemente en sentido democrático". Supoño que chegamos a un problema, porque eu considérome unha persoa democrática, pero se eu son a radical, vai ser que os que me consideran así -e atinan, polo que vexo- inda non chegaron ao meu nivel de democracia. Corrixídeme se me trabuco...
A cuarta acepción pode ser máis ambigua, pero máis clara a un tempo.
Repito o que dixen noutros momentos. Considero que son dialogante e razoabel. Esta cuarta acepción de radical negaría amiña suposta radicalidade. Agora, coñecemos todos a moitas persoas que entrarían moi ben na descrición que nos deixan os académicos. Encadraríamolas como radicais? Seguro que habería de todo...
O caso é que esta última descrición é máis ben aplicábel a persoas independentes, co seu carácter, sen ter en conta as súas ideas, se as tiver. Non ocorre o mesmo coa terceira, que fai máis referencia a conxuntos de ideas. Así, podemos considerar ao nacionalismo galego como radical? É o radicalimso unha característica positiva ou negativa? Que é o contrario de radical?
Non sei a vós, lectores deste espazo, pero a min cambiaronme algunhas ideas despois de abrir o diccionario. Ten teliña...
Sem comentários:
Enviar um comentário