
O certo é que eu non sabía desta suposta rivalidade entre galegos e asturianos. Sempre crin naquel conto en castelán de "Gallegos y asturianos, primos hermanos". Mais non! Os asturianos non falan así.
E de onde virá, logo, tan enfrontamento? Despois de moito porfiar cheguei á conclusión de que o principal problema era o territorio que deron en chamar "Eo-Navia", onde a cuestión lingüística entra en choque coa custión de política territorial. Resulta que nesa zona ninguén sabe afirmar con esactitude se se fai uso do galego nun dialecto oriental, ou se o que se fala alí xa é asturianu, incluído nas súas falas occidentais.
Políticamente, Galiza acaba en Ribadeo, na fronteira natural que marca o río Eo. A partir de aí xa estamos en Asturies. Pero, debido ao recordo da Historia, algúns difunden mapas que pouco teñen que ver co actual territorio galego. (Inda que tamén circularan lindas réplicas dende terreo astur...).
As disputas non paran. As réplicas sucédense. E os án

De verdade credes que Galiza será máis grande obrigando a ser galegos aos que non se sinten tal e non pretenden selo? Non, máis ben sería moito máis pequena. E non imaxinades canto! Por favor, non empreguedes o nome de Galiza para tirar pedradas así, que ela non merece quedar á altura dos pés... A galegos e asturianos, sosegádevos. Que amañades póndovos a parir así...? Máis ben nada, ou é que teño cegueira...
Sem comentários:
Enviar um comentário