13.11.06

A Cruña

Sóame a Nadal. Así. É unha bonita cidade, da que lembro algunha cabalgata de Reis Magos, os luminosos de El Corte Inglés, os centros comerciais cheos de xente, marisco, chocolate, xoguetes... É unha bonita cidade. Recordo os barcos no porto. Barcos de todo tipo: mercantes, cruceiros enormes, barcos feos, barquiñas... Alí fun aos talleres navais, tamén, como poucos, porque o meu avó traballaba al, na Coruña. Tamén me gustaban os edificios coas galerías mirando o mar, sempre permanentes, polos séculos. Lembrome da fonte de Catro Camiños, co vello edificio de La Voz de Galicia, e a Ronda de Outeiro. Vexo agora o paseo marítimo de Riazor, por onde é envexable pasear en agosto, con isa brisiña mariña que acouga as calores, até ese horríbel enxendro monolítico que é o Milenio -polo amor de Dios!-, pasando polo estadio, o Playa Club, o Orzán... e xa vexo, xa, a milenaria Torre de Hércules... Acórdanme as excursións da escola, ao parque de Santa Margarita, á Casa das Ciencias e o Planetario -incríble!-, á Domus... E como non, inesquencible xornada a que fomos a ver o Dépor, o meu equipo, a miña primeira vez no estadio!

Como vou esquencer á Coruña! Cidade que recibe coma ninghuna outra a aperta do Océano, urbe que se ergue entre as ondas ollando a inmensidade mariña, a proa de Galiza. A gran CIDADE galega, por historia -longa-, tamaño, proxección mundial...

Pero canto mal me fas, Coruña, cando renegas de ti, porque sinto que renegas de min e fasme arrecunchar os meus millores e máis belidos recordos, aqueles que os nenos gardan en papel plata na súa memoria. Tanto queres voar, "Burgo do Faro", que mesmo deixas os pés en terra... galega...

Porque exclúes a túa Historia, os teus veciños -"pailánes"-, a túa lingua GALEGA. Como deixas que te conduzan os que no nome do progreso só desbotan o teu corazón? Eses que te adornan co calificativo de "liberal" para deixar de preocuparse polo que outros lle dixeron que era FEO. Non. Non é feo! É TEU! A Galiza roubáronlle unha filla...

Pero teño que pór pés en terra. Os coruñeses non queren que a súa cidade quede "manchada" có nacionalismo. Nacionalismo. Quizáis se non te amosases de costas a ti mesma, ese nacionalismo non faría falla. Mentres, preferiches vender a túa ialma ao diaño, outro nacionalismo -español-, que non é millor que os demáis, e inda por riba non é o teu. Non podo entrar a xulsgar a tarefa dos rexedores do concello coruñés. É unha lástima, pero gastaron máis cartos nunha "L" estúpida -menos mal que non son nacionalistas...- que en cousas que necesitaban máis. E non precisamente o novo centro comercial do Porto, que vaia por Dios, crebou unha das imaxes máis belidas da cidade, é a forza do progreso...

E aí nos ven o cruñés medio. Un bo cidadán cun acento máis marcadamente galego que moitos dos paisanos dos que foxe automáticamente -de seguro que o seu pensar é galego, na estrutura digo-, sufrindo un atasco entre a Ronda de Outeiro e a Avenida de "Arteigho", ou estacionando en dobre fila -en Coruña non faltan coches...-, un home liberal, tan liberal que censura aos seus paisanos que miran polos seus lexítimos dereitos lingüísticos -menuda liberdade...-. Ese perfeito cruñés é tan bo cidadán, que da pailanada non sabe nada, ou non quere saber. Ti pregunta pola vila de turno, que se está máis pr'aló da Pasaxe a ver quen che sabe indicar... Outro erro: esquencer ós teus semellantes.

Mentres, sigo a lembrar. E xa na miña primeira adolescencia véxome acendendo a radio, escoitando diferentes programas que viñan da cidade, dA Coruña. Títulos como "Forza Dépor" ou "Dance Factory" de seguro que vos soan aos que sodes de alí. Grazas en boa parte, porque hoxe estou nese camiño.

Agora estou lonxe, e non penses que te esquenzo. Inda que non sei se ti me lembras a min... Pra prósima ves que nos vexamos voltarei ver eses neóns de Nadal, e o edificio de El Corte Inglés cheo de luciñas e invitacións ao consumismo. Non penses, non, que che trazoo por Santiago, non. Non é máis que o amor por Galiza, o que me levou alá. As dúas cidades forman un eixo de estrelas.

Pero os cruñeses non cambian, e mentres non o fagan eu sigo mentalmente no exilio -e agora físicamente tamén-. Só unha actitude, só ese cambio, e verás como A Cruña sería de feito a cidade más belida do mundo. A capitanía naval desta Galiza nosa! Mentres, agardo... inda que no meu corazón sempre gardarei o recordo infantil desa emoción da aventura do paseo pola Coruña.

2 comentários:

Xosé Manuel Carreira disse...

Home Coruña é un pouco Paco Vázquez pero tamén é un pouco Manolo Rivas, un pouco Arsenio Iglesias e un pouco Xurxo Souto.

O monstro da ría disse...

jajja, si, completamente dacordo. Supoño que nese intre o sono condicionaba o meu estado de ánimo, que nestas épocas do ano soe ser saudoso dabondo...

Saúdos