Nembargantes, compre sinalar que o dato da abstención superou lixeiramente o 50%. ¿Que facer con esa cifra, de máis da metade dos votantes? Cada un tentará de atribuilo ao que mellor lle conveña. Os do NON poden dicir que o cidadán abstencionista non estaba conforme con este proceso; e os do SI igualmente poderían falar de cidadaní conforme, porque non foron a rexeitar ao novo Estatut.
Gustaríame analizar as causas de esa alta abstención, mais sen esquencer que a maior parte de procesos desta índole sempre obteñen índices moi pobres de participación: Véxase o caso máis recente e coñecido que foi o proxecto dunha Constitución para Europa, onde a abstención case chegou a un 60% -algo máis que no caso catalán- e o NON case chegou a un quinto dos votos. O "Tratado polo que se establece unha Constitución para Europa" saíu adiente no noso país. Debería non ser así? Ninguén coida iso...
Outro exemplo de alta abstención son as eleccións nos Estados Unidos de América. Nese país a abstención nun proceso electoral normal pode ser darredor do 50%... 50%! En España botaríamonos as mans á cabeza se ocorrese aquí -en España a abstención nunhas eleccións xerais non sobrepasa o 40%-. Alquén pon en dúbida a lexitimación do señor Bush -independentemente da súa maior ou menor simpatía deica el-? Non.
Daquela, se non se poñen en dúbida os caso recén esplicados, o catalán tampouco tería por que pórse. Que facemos coa alta abstención? Podería berrar sen vergonza que a mitade da poboación en Catalunya é de ideoloxía anarquista ou libertaria -se o referendum se repetise, de seguro que non subiría moito máis a participación-. Se non o son dende logo o disimulan moi ben. Ninguén como a CNT ou a FAI gastan tantos esforzos propagandísticos nunha frase de sobra coñecida: "NON VOTES".
Tamén podemos ter en conta o feito de que Esquerra Republicana de Catalunya promovera en certo xeito a abstención, ao non estar dacordo co documento final resultante de todos os parches que lle puxeron polo camiño, pero para evitar rexeitalo -por iso de que "menos da unha pedra", e que seguramente sexa mellor que o de até o de agora-.
Despois de lle restar os indecisos que continúan indecisos e non se decidiron a votar en branco, eu coido que xa nos atopamos na cifra de abstencionismo habitual. Se alguén se segue a preguntar que votarían estes cidadáns que non se siga "comendo o coco", seguramente non votarían nada e asi o deixaron claro.
Isto nos leva ao último caso, o de deixadez, ou irresponsabilidade cidadá, falla de compromiso coa democracia. Estes son os cidadáns, os individuos que nunca votan, nunca se interesan polos asuntos de Estado, prefiren non molestarse en coñecer as propostas dos políticos e -como moito, que xa é sinal de certo interese- acaban dicindo que "todos son iguais". Son os que se autodenominan, na súa maior parte, como APOLÍTICOS, en fano con orguio.
Pero a democracia é o que ten, é a liberdade. Liberdade de elixir entre os candidatos, a quen votar; pero tamén liberdade de elixir entre votar ou non votar. E o que pasa é que a abstención non se pode contabilizar de ningún xeito. Polo que -e xa voltando o principio- temos que os cidadáns de Catalunya aprobaron o seu novo Estatut.
Sem comentários:
Enviar um comentário