20.6.06

Declaración de intencións

Esta praza da rede nace coa intención de dar un punto de vista sobre o acontecer da Galiza, e todo o que teña especial conexión con ela, amén de falar e opinar da actualidade do resto de España, xa que todo é un conxunto vencellado. Os comentarios non se limitarán, como pode parecer, á escea política; senón que se atenderá a cuestións sociais, lingüísticas, económicas... dando unha especial cabida e tentando achegar a cultura e lingua galega ao lugar que cremos lle corresponde para diñificala.

O que O monstro da ría e que os seus escritos vallan -inda que sexa en pouco porcentaxe- para protexer, axudar, e fortalecer no xeito no que sexa posible a posición da Galiza, tentando que a súa lingua e cultura adquiran personalidade propia, se ceibe de complexos e mire cara un futuro prometedor ollando de fronte aos perigos que atope no camiño.

A ideoloxía de O monstro da ría! é definida como nacionalista galega, mais non independentista nin separatista, senón que busca un país, unha República de tipo federal, na que a asociación das diferentes partes integrantes de España non deixaría albiscar superioridade dunhas sobre doutras. É unha ideoloxía liberal, cos calores clásicos republicanos de igualdade, liberdade, responsabilidade social... acompañada dun compromiso co pobo, coa sociedade.

Así pois, O monstro da ría declárase aberto a todo tipo de intercambio de ideais, a favor da liberdade de pensamento i espresión, en contra da violencia, de calquera modalidade, e a favor das formas e da responsabilidade como única vía para acadar obxectivos maduros.


Sen máis, e agardando que a todos nos sirva para enriquecernos como individuos:
Saúde!

Sem comentários: