A pasada fin de semana, José Blanco, ministro de Fomento, visitou A Coruña e a comarca. Entre outras cousas, prometeu que a ampliación do aeroporto de Alvedro licitaríase antes de verán. Semella un tema baladí, mais non se debe obviar. Antes de nada, ao señor ministro pasóuselle que aínda queda resolver as alegacións (case 10.000, e iso a pesar da falta de divulgación) ao estudo de impacto medioambiental. Este estudo de AENA di, textualmente, que o «impacto se ha considerado severo ya que, aunque la zona está compuesta mayoritariamente por tierras dedicadas al cultivo de maíz y hortalizas, las obras para la ejecución del proyecto suponen la expropiación de 46 viviendas unifamiliares, la fábrica de Grafoplas, una carpintería y un colegio de educación infantil», o que tamén inclúe o Pazo de Culleredo, a Pedra Abaladoira e o sepulcro romano. As enormes cantidades de terra necesarias para un recheo de medio km. de longo e 35 metros de altitude, sacaranse dos montes Coto de Fontemaior, Costa -que case non existe dende a construción da pista e Terceira Rolda-, Runs, O Coto, San Miguel e O Picota. O concello de Culleredo (62 km²) practicamente converterase nunha enorme chaira entre A Coruña e o monte Xalo. O clima e o medio ambiente veranse gravemente afectados na zona. Todo isto pagado do noso peto, o de todos, para máis “inri”. E isto non é unha película nin un mal soño. Están realmente tan seguros da necesidade desta crueldade contra a nosa terra?
http://fotos.laopinioncoruna.es/fotos/noticias/646x260/2009-03-13_IMG_2009-03-06_01.15.36__772327.jpg
http://www.facebook.com/pages/NO-a-la-ampliacion-del-Aeropuerto-de-Alvedro-ACoruna/82526709167?ref=ts
Sem comentários:
Enviar um comentário