As bolas máxicas
Coincido con moitos galeguistas que o Songoku fixo pola normalización da nosa lingua galega o que moitos políticos non farán endexamáis. Cometámolo entre risos e cando non temos moito máis que falar, pero a brincadeira pode ter algo de certo.
As Bolas Máxicas marcaron un punto de inflexión na sociedade e na infancia dos galegos. Até daquela non había identificación do común coñecido coa lingua galega. Agora a nosa lingua era modelo imitado polos máis cativos da casa -eu entre eles, claro-. Quizáis non é só mérito de Son Goku e os seus amigos, senón da televisión en galego en xeral, pode ser. O feito de que hoxe os nenos non se identifiquen en tanta medida coma a nosa xeración con estas ideas pode estar xunguida á falla de evolución da televisión de todos os galegos e galegas. Trátase de xulgar o producto na súa integridade.
Sexa como for, non se pode negar que somos a xeración de Son Goku, e de Son Goku en galego, de "teño fame", "vas levar", etc. Quizáis os xestores e os responsábeis de política lingüística deverían ter en conta este fenómeno do pasado e buscar algo novo que traia as mesmas ou mellores consecuencias.
Eiquí déixovos o vídeo do remate, que me gustaba moito. Non sei se serán estas datas, pero parece que me enchen de añoranza...
Saúdos!
2 comentários:
De algo así xa falei eu, aínda que a nosa pequena diferenza de anos fixo que eu, no meu blog, puxera a cancion de Dragon Ball Z, non do comezo da saga.
Saúde e terra!
Interesante opinión que comparto bastante en líneas generales
Lástima la confusión entre galleguismo y separatismo
Enviar um comentário